Aventura de investigación informática – Curso 2017/2018 – 1ª avaliación

Ola alumnos.

Este é o traballo (en grupos de 2 ou 3 persoas) que tedes que facer nesta 1ª avaliación. Xa vos entreguei a todos fotocopia do mesmo, pero tamén quero que conste no noso blogue da materia.

  1. Un dos matemáticos que xa no século XIX comezou a pensar no deseño de algo parecido a un ordenador foi Charles Babbage. Investiga quen foi, cales foron as máquinas máis salientables que deseñou e dinos quen foi a súa principal colaboradora.
  2. O primeiro ordenador electromecánico da historia chamouse MARK I, e foi construído na Universidade de Harvard en 1944. Investiga quen o deseñou e que características técnicas tiña.
  3. Unha das empresas máis importantes da informática é IBM. Investiga a historia desta compañía.
  4. Unha das empresas líderes en construcción de microprocesadores informáticos é Intel. Investiga a historia desta compañía.
  5. O deseño interno do funcionamento dos ordenadores actuais foi creado polo xenial matemático John Von Neumann. Investiga quen foi este pioneiro da Informática.
  6. Unha das empresas máis potentes da informática actual é Google. Investiga a historia e evolución desta compañía.
  7. ASPECTOS A TER EN CONTA

    • Tódolos puntos anteriores deben ser desenvolvidos coa maior claridade e extensión posible (pero iso si, mantendo o interese do tema, e non metendo información irrelevante para ampliar o tamaño do traballo). Cada unha das preguntas anteriores debe dar lugar a un capítulo do traballo.
    • Cada capítulo do traballo debe levar unha sección de referencias onde se indiquen tódolos libros, enciclopedias ou páxinas de Internet onde se obtivo a información (de cada apartado). Esa información debe ir toda xunta no índice ou nunha sección específica. ao final do traballo.
    • Sen contar portada nin índice nin bibliografía, o traballo debe ter unha extensión mínima de DOCE páxinas.
    • O traballo é EN GRUPO. Os grupos deben estar formados por DÚAS ou TRES persoas. No índice do traballo debe constar cal dos seis capítulos vos gustaría expoñer en público. Esa exposición levarase a cabo utilizando un programa de presentacións.
    • Como acaba de dicirse, todo o grupo terá que expoñer un dos capítulos do traballo. Esa exposición podería modificar lixeiramente a nota do traballo (esperemos que á alza). Canto antes se entregue o traballo, máis posibilidades hai de que se poida expoñer o capítulo que desexades.
    • Esa exposición en público comezará unha semana despois de que remate o prazo final de entrega.
    • Ademais da calidade e extensión do traballo, puntuará positivamente na nota o tempo que se tarde en realizar e ser entregado: canto antes se presente, maior poderá será a nota.
    • Unha vez obtida a nota final do grupo, multiplicarase polo número de integrantes, e deberán repartirse esa puntuación total entre todos os integrantes, en función dos seus méritos.
    • Os traballos DEBEN enviarse ao enderezo electrónico “informatica_calasanz@yahoo.es”.

Lembrade que os prazos de entrega, que permiten optar a máis ou menos nota, son os seguintes:

– Ata o DOMINGO 8 DE OUTUBRO (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 10.

– Ata o DOMINGO 22 DE OUTUBRO (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 9.

– Ata o VENRES 27 DE OUTUBRO (incluído): podedes optar a unha nota máxima de 8.

Polo tanto, o prazo remata definitivamente ás 12 da noite do VENRES 27 DE OUTUBRO. E a presentación de traballos en público comezará o LUNS 6 DE NOVEMBRO.

Saúdos. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Traballos en grupo. Garda a ligazón permanente.