Biografías de científicos da 1ª avaliación

Ola alumnos.

Parte da nota do blogue dependerá dos traballos de investigación INDIVIDUAL que me enviedes por correo electrónico, coa biografía dos científicos que vedes na seguinte listaxe. A listaxe desta 1ª avaliación consta de Científicos Universais:

  • Thomas Alva Edison
  • Tycho Brahe
  • James Clerk Maxwell
  • Nicolás Copérnico
  • Leonardo da Vinci
  • Charles Darwin
  • Albert Einstein
  • Enrico Fermi
  • Alexander Fleming
  • Benjamin Franklin
  • Carl Friedrich Gauss
  • Galileo Galilei
  • Alexander Graham Bell
  • Johannes Guttenberg
  • Werner Heisenberg
  • Heinrich Hertz
  • Johannes Kepler
  • Carl Linneo
  • Guglielmo Marconi
  • Gregor Mendel
  • Antonio Meucci
  • Isaac Newton
  • Louis Pasteur
  • Max Planck
  • Nikola Tesla
  • Alessandro Volta
  • Alexander von Humboldt
  • James Watt

Lembrade varias cousas sobre a entrega destes traballos:

– O prazo de entrega remata o VENRES 1 DE DECEMBRO, ás 12 da noite. Pero hai varios prazos intermedios, que serán os días 22 DE OUTUBRO, 5 DE NOVEMBRO e 19 DE NOVEMBRO.

– Este traballo é individual, non grupal, así que cada alumno/a debe mandar o seu, aínda que o fixera en colaboración con outros/as.

– Cada alumno/a só poderá enviar, nese tempo, UN correo electrónico que conteña UN arquivo adxunto.

– Nese arquivo teñen que vir os traballos na orde que consta nesta listaxe.

– A nota poñerase en función da calidade e cantidade dos traballos presentados nese arquivo e da data na que se envíen. Canto máis completos e mellor presentados estean, será posible conseguir máis nota. E canto antes cheguen, tamén.

– Tedes que enviarme os traballos ao enderezo da nosa materia, que é informatica_calasanz(arroba)yahoo.es

Saúdos. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Biografías de científicos. Garda a ligazón permanente.