Debates científicos da 1ª avaliación: Alimentos Transxénicos

Ola alumnos.

Vou propoñervos o terceiro dos debates científicos deste curso. Trata sobre os Alimentos Tranxénicos. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

Seguidores

Os alimentos transxénicos son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente mediante enxeñaría xenética. Dito doutra forma, é aquel alimento obtido dun organismo ao cal lle incorporaron xenes doutro para producir unha característica desexada. Na actualidade teñen maior presencia alimentos procedentes de plantas transxénicas como o millo, a cebada ou a soia.

Hai miles de anos xa se realizaban melloras por selección artificial de plantas mediante cruzamentos.

Os caracteres introducidos mediante enxeñaría xenética en especies destinadas á produción de alimentos buscan o incremento da produtividade (por exemplo, mediante unha resistencia mellorada ás pragas) así como a introdución de características de calidade novas. Debido ao maior desenvolvemento da manipulación xenética en especies vexetais, todos os alimentos transxénicos corresponden a derivados de plantas. Por exemplo, un carácter empregado con frecuencia é a resistencia a herbicidas, posto que deste xeito é posible empregalos afectando só á flora allea ao cultivo.

As pragas de insectos son un dos elementos máis devastadores en agricultura. Por esta razón, a introdución de xenes que provocan o desenvolvemento de especies resistentes a un ou varias ordes de insectos foi un elemento común a moitas das variedades patentadas. As vantaxes deste método supoñen un menor uso de insecticidas nos campos sementados con estas variedades, o que redunda nun menor impacto no ecosistema que alberga ao cultivo e na saúde dos traballadores que manipulan os fitosanitarios.

Estas novas técnicas auguran posibilidades reais de optimizar a produción de alimentos nos seguintes aspectos: mellor calidade dos grans en semente, maiores niveis de proteínas nos cultivos de forraxes, tolerancia a secas e inundacións, tolerancia a sales e metais e tolerancia ao frío e á calor.

Detractores

En varios países do mundo xurdiron grupos opostos aos organismos xeneticamente modificados, formados principalmente por ecoloxistas, asociacións de dereitos do consumidor, algúns científicos e políticos, os cales esixen a etiquetaxe destes, polas súas preocupacións sobre seguridade alimentaria, impactos ambientais, cambios culturais e dependencias económicas. Chaman a evitar este tipo de alimentos, cuxa produción involucraría danos á saúde, ambientais, económicos, sociais e problemas legais e éticos por concepto de patentes. Deste xeito, xorde a polémica derivada entre sopesar as vantaxes e inconvenientes do proceso. Sábese do impacto beneficioso en canto a economía, estado ambiental do ecosistema contiguo ao cultivo e na saúde do agricultor pero as dúbidas respecto da posible aparición de alerxias, cambios no perfil nutricional, dilución do acervo xenético e difusión de resistencias a antibióticos tamén.

A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Trátase dun experimento a gran escala baseado nun modelo científico que está en dúbida.

Algúns dos perigos destes cultivos para o medio ambiente e a agricultura son o incremento do uso de tóxicos na agricultura, a contaminación xenética, a contaminación do chan, a perda de biodiversidade, o desenvolvemento de resistencias en insectos e “malas herbas” ou os efectos non desexados noutros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles.

Outra das preocupacións é o posible escape dos xenes transferidos hacia poboacións de plantas silvestres mediante o fluxo de pole, como as “súper malas herbas”. Tamén poden desprazar a especies autóctonas dos seus nichos ecolóxicos.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Debates científicos. Garda a ligazón permanente.

13 respostas a Debates científicos da 1ª avaliación: Alimentos Transxénicos

  1. Eduardo Rama Ferradás di:

    Penso que os alimentos transxénicos non son bos para o noso planeta. Greenpeace afirma que o 90% das plantas silvestres e un terzo dos nosos alimentos dependen da polinización, pero o 2o% das abellas desapareceron por causa da agricultura industral (como por exemplo os alimentos transxénicos).
    Outro gran problema é que perxudica aos pequenos agricultores, xa que só as grandes organizacións poden cultivar estes tipos de alimentos.
    Ademáis, estes cultivos sós non poderían alimentar a moita xente xa que o 99% dos agricultores non os cultivan e o 97% da superficie mundial segue libre deles.
    Opino que estes tipos de cultivos non son nada rentables porque contaminan moito e cultívase pouca cantidade deles.
    Eduardo Rama Ferradás 4ºB Nº15

  2. Raquel Andrés Ramos Nº1 4ºA di:

    Considero que os alimentos transxénicos son un gran avance para a ciencia, pero non creo que se deba abusar destes. Non é o mesmo comer algo totalmente natural que algo creado nun laboratorio. Estou a favor de que deberían indicarse mellor na etiquetaxe. Tamén, penso que non poden ser tan sanos para o noso corpo coma outros, ao manipulalos para a súa maior duración ou para proporcionarlles máis resistencia aos axentes externos, estes alimentos poden perder a eficacia que teñen algunhas das súas propiedades. Por outra parte, entendo a necesidade de alterar os organismos para evitar mellor as pragas. Pero na miña opinión, manipular estes organismos vexetais excesivamente non pode ser bo e traería moitas consecuencias se isto se incrementase ata o punto de que todos os nosos alimentos sexan transxénicos, xa non so pola nosa saúde se non pola das especies autóctonas que poderían verse amenazadas.

  3. Daniela Valenzuela Villamor nº26 4ºC di:

    Los alimentos transgénicos son todos aquellos que contienen ingredientes o que fueron producidos a partir de un organismo modificado genéticamente. Provienen en su mayor parte de plantas transgénicas como el maíz.
    Los transgénicos son productos que están sometidos a constantes controles y análisis por procesos muy estrictos, incluso superiores al que siguen los alimentos tradicionales.
    Los expertos dicen que no existe ninguna razón para pensar que los transgénicos son alimentos perjudiciales para la salud.

    Por todo lo expuesto anteriormente estoy de acuerdo con el consumo de alimentos transgénicos.

  4. Fiz Morás López nº17 4ºC di:

    Los alimentos transgénicos son aquellos que incluyen en su composición algún ingrediente procedente de un organismo al que se le ha incorporado un gen de otra especie.
    Los alimentos transgénicos no siempre contienen las proteínas recogidas por los genes transferidos, porque muchas de ellas se expresan en partes de las plantas distintas.
    En ellos, se pierden propiedades del alimento y, aunque no se haya demostrado del todo estoy seguro de que tiene efectos negativos como alterar el ecosistema al afectar a las especies naturales.

  5. Brais Martínez Iglesias di:

    Eu considero que os alimentos transxénicos son un gran progreso para o ser humano pensando nun futuro distópico no que a comida escasee.
    Sen embargo na actualidade, onde o consumo destes produtos non está regulado e os seus posibles efectos sobre a nosa saúde son absolutamente descoñecidos, sería primordial que estivese prohibida a inxesta deste tipo de alimentos até que non se demostren os marabillosos beneficios que os produtores e comercializadores din que posúen.
    Ademais estes novos alimentos creados nun laboratorio perxudican non só ás persoas, senón tamén ao noso ecosistema; xa que provocan unha contaminación xenética alterando especies endémicas ou silvestres, que son de vital importancia para a nosa supervivencia.
    Por todo isto, penso que non deberiamos permitir que algúns monopolios que están a comercializar produtos xenéticos, sen ningún tipo de garantía para o consumidor final, xoguen coa nosa saúde e co noso hábitat.

    Brais Martínez Iglesias 4ºC nº15

  6. José Gómez Fernández di:

    A miña opinión é que os alimentos transxénicos son un gran avance que debemos aproveitar pero do cal non podemos abusar polo feito de que solo son accesibles para as grandes empresas. O consumo únicamente de alimentos transxénicos provocaría a desaparición dos pequenos autónomos do sector agrario e isto é algo que non se pode permitir. Sen falar da pequena porcentaxe que suponen (apenas un 1%) e do que custa fabricalos, os produtos alimenticios transxénicos non son viables nin éticos.
    José Gómez Fernández Nº8 4ºB

  7. Paula Lago Gómez 4A di:

    Os alimentos transxénicos son os que na súa composición se incorporou un xen doutra especie para dotalo dunha cualidade especial da que carece. O que se pretende é lograr alimentos moito máis resistentes e mellores para o ser humano. Colleitas máis resistentes a pragas e secas, que duran máis tempo sen estropearse o teñen un crecemento máis rápido. Entre eles atopamos millo, trigo ou tomates.
    Estes alimentos son sometidos a rigurosos controles polo que eu penso que non deberían ter ningún risco para a saúde das persoas, ainda que a miña opinión é que os alimentos naturais, que non foron modificados xeneticamente e que respetan o proceso natural de crecemento, poden ser máis beneficiosos para o organismo.

  8. Mario Valderas García nº 26 4ºA di:

    A enxeñaría xenética é un conxunto de técnicas que permiten alterar as características dun ser vivo, engadindo, eliminando ou modificando, de xeito controlado, algún dos seus xenes. O novo xene transmítese á descendencia como un máis do organismo.
    O uso dos alimentos tranxénicos, aínda que ten moitas vantaxes no plano económico ten efectos negativos na saúde humana como: A aparición de novas alerxias pola introdución de novas proteínas nos alimentos, aparición de resistencias a antibióticos en bacterias patóxenas para o home e a aparición de novos tóxicos nos alimentos entre outros efectos perxudiciais. Din que nun futuro os alimentos tranxénicos serán de gran utilidade para combater deficiencias nutricionais e para crear alimentos medicinais, pero eu creo que mentres non se poidan empregar pra iso deberían ter maior control coa produción e etiquetaxe dos produtos tranxénicos. Mario Valderas García nº 26 4ºA.

  9. Martin Blanco di:

    Os alimentos tranxénicos están collendo moita importancia nos ultimos anos xa que grazas aos novos avances tecnoloxicos, fisicos e cientificos, temos a capacidade de alterar as capacidades dalguns alimentos. Eliminando es seus insectos mais comun que poidan arruinar a nosa colleita, ainda asi ao usalos nos alimentos os alimentos poden ser mais perxudicias para a nosa saude.
    Eu creo que o mellor son os produtos naturais e hai que ter coidado antes de mercalos xa que poideron ser contaminados anteriormente.
    Martin Blanco 4C -5-

  10. Carmen Vázquez Trillo 4ºC Nº27 di:

    Los alimentos transgénicos son aquellos que han sido producidos a partir de un organismo modificado mediante ingeniería genética y al que se le han incorporado genes de otro organismo para producir las características deseadas.​ En la actualidad tienen mayor presencia de alimentos procedentes de plantas transgénicas como el maíz o la soja.
    La ingeniería genética o tecnología del ADN recombinante es la ciencia que manipula secuencias de ADN (que normalmente codifican genes) de forma directa, posibilitando su extracción de un taxón biológico dado y su inclusión en otro, así como la modificación o eliminación de estos genes. En esto se diferencia del mejoramiento genético clásico basado en la selección, que modifica los genes de una población de forma indirecta, mediante cruces dirigidos.2​ La primera estrategia, de la ingeniería genética, se circunscribe en la disciplina denominada biotecnología vegetal. Cabe destacar que la inserción de grupos de genes y otros procesos pueden realizarse mediante técnicas de biotecnología vegetal que no son consideradas ingeniería genética, como puede ser la fusión de protoplastos.
    Las plagas de insectos son uno de los elementos más devastadores en agricultura. Por esta razón, la introducción de genes que provocan el desarrollo de resistentes a uno o varios órdenes de insectos ha sido un elemento común a muchas de las variedades patentadas. Las ventajas de este método suponen un menor uso de insecticidas en los campos sembrados con estas variedades, lo que redunda en un menor impacto en el ecosistema que alberga al cultivo y por la salud de los trabajadores que manipulan los fitosanitarios.
    Personalmente, yo me posiciono en contra de los alimentos transgénicos, ya que no solo pueden provocar un riesgo para el ser humanos, sino también para el medio ambiente. Se desconocen los riesgos o consecuencias impredecibles que pueden producir estos alimentos, pues aún faltan muchos estudios por realizarse. Estoy en contra de los alimentos transgénicos porque me perece que aún faltan muchos estudios exhaustivos que demuestren la total seguridad de los mismos. Pueden producir daños en el metabolismo del ser humano.

  11. Pablo Mosquera Nº 18 4ºC di:

    Los alimentos trangénicos,tienen una serie de ventahas,como pueden ser,alimentos con mejores y más cantidad de nutrientes,mejor sabor en los productos creados o a celeración en el crecimiento de las plantas y animales.Pero,también contienen una serie de desventajas comp ueden ser el incremento de sustancias tóxicas en el ambiente,perdida de la biodiversidad o la contaminación del suelo.Siendo sincero, creo que la respuesta depende cada persona, desde un punto de vista personal, alimentarse de este tipo de productos, tiene un beneficio tanto para llevar un estilo de vida saludable, así como para un ahorro sustancial económico.

  12. Pablo Sànchez Cruz di:

    Na miña opinion,os alimentos tranxenicos,teñen unha parte moi boa e unhan parte moi mala.
    Por unha parte son bos debido a que son mellores nutricionalmente e mais eficientes a hora de cultivalos.Por outra parte,aforranse moitas hectarias de plantacion.
    Pero como todo,ten unha parte moi mala,debido a que unn 20% das abellas desapareceron pola culpa da agricultura industrial.Os alimebnos tranxenicos perxudican tamen aos pequenos terrenos cultivados polos campesiños debido a que eles non teñen os recursos necesarios para producir os alimentos tranxenicos.

  13. Ricardo Fernández Ferrín di:

    Considero que deberiamos ter cuidado á hora de posicionarnos a favor ou en contra dun bando xa que ambos presentan moitas vantaxes. Aínda así eu decidín que é mellor non consumir alimentos tranxénicos debido a que favorecen ás grandes empresas e perxudican prexudicialmente aos agricultores pequenos. Ademais este tipo de alimentos poden causar alerxias e quen sabe, quizais tamén a aparición de novas enfermidades pola inxestión destes. Tanto por motivos económicos, como polos biolóxicos eu decántome por non inxerir alimentos tranxénicos e creo que o mellor sería regulalos porque é imposible negar que son un gran avance na nosa especie, pero debería buscarse a forma de melloralos e asegurarnos que non perxudicarán á economía e ao medio ambiente.

    Ricardo Fernández Ferrín nº08 (4ºC)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *