Debates científicos da 1ª avaliación: Cambio Climático

Ola alumnos.

Vou propoñervos o segundo dos debates científicos deste curso. Trata sobre o Cambio Climático. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

Defensores

Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra. Tales cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etc. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

Como causas dos cambios climáticos, hai influencias externas:

  • Variacións solares: Variacións da luminosidade solar ó longo do ciclo das manchas solares. Apenas afecta a curto e medio prazo. Algo máis afectan as variacións nas emisións de vento solar.

  • Variacións orbitais: A órbita terrestre oscila periodicamente, facendo que a cantidade media de radiación flutúe ó longo do tempo, provocando os chamados períodos glaciais e interglaciais.

  • Impactos de meteoritos: Raramente ocorren eventos de tipo catastrófico coma estes, o último foi hai 65 millóns de anos. Pero poden provocar un efecto devastador sobre o clima ao liberar grandes cantidades de CO2, po e cinzas á atmosfera debido á queima de grandes extensións boscosas

Pero tamén hai causas internas:

  • A deriva continental: A Terra sufriu moitos cambios dende a súa orixe fai 4.600 millóns de anos. Fai 225 millóns tódolos continentes estaban unidos, formando Panxea. A deriva continental é un proceso sumamente lento, polo que o comportamento do clima apenas varía durante moito tempo.

  • A composición atmosférica: A atmósfera actual xa non é a inicial, é de terceira xeración. Nestas, ten que haber un equilibrio entre os efectos dos gases de invernadoiro emitidos de forma natural en volcáns e somidoiros termais, os óxidos de xofre e outros aerosois emitidos polos volcáns, e o total de organismos vivos, a biosfera. Este delicado equilibrio entre o que se emite e o que se absorbe faise evidente no ciclo do CO2.

  • As correntes oceánicas: As correntes oceánicas son un factor moderador do clima, como a corrente termohalina que suaviza as temperaturas de Europa. O desxeo do Polo Norte e o cambio de salinidade da auga podería provocar a paralización ou mudanza da corrente do Golfo.

  • O campo magnético terrestre: Sábese que no pasado houbo inversións de polaridade e grandes variacións na súa intensidade, nalgunha ocasións os polos magnéticos achegáronse ó Ecuador.

  • Os efectos antropoxénicos: O home incorporouse á lista hai pouco tempo. Comezou coa deforestación de bosques para convertelos en terras de cultivo e pastoreo, e chegou á emisión abundante de CO2 en fábricas e medios de transporte e metano en granxas de gandería intensiva. A finais do século XVII o home empezou a utilizar combustibles fósiles que a terra acumulara no subsolo durante millóns de anos. A queima de petróleo e gas natural causou un aumento do CO2 que produce o conseguinte aumento da temperatura. Estímase que dende que o home mide a temperatura fai uns 150 anos (sempre dentro da época industrial) esta aumentou 0,5 °C e prevese un aumento de 1 °C no 2020 e de 2 °C no 2050. A principios do século XXI o quecemento global parece irrefutable.

Detractores

Polo que parece, todo o mundo está de acordo en que está producíndose un cambio climático. Pero algúns sectores afirman que é un proceso natural, e que os humanos non podemos frear nin acelerar o proceso.

Estes mesmos sectores acusan á comunidade científica de estar creando unha conspiración que apoie a teoría do cambio climático antropoxénico, xa que lle interesa para financiar investigacións. Incluso din que captaron mensaxes de correo electrónico onde podía apreciarse a farsa e as trampas que facían nos seus argumentos científicos.

Tamén é moi cuestionada a figura de Al Gore (ex-presidente dos EE.UU.), grande defensor desta teoría nos últimos anos, e acúsano de non ter unha verdadeira conciencia ecoloxista e de aproveitarse economicamente da problemática.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Debates científicos. Garda a ligazón permanente.

15 respostas a Debates científicos da 1ª avaliación: Cambio Climático

  1. Pablo Mosquera Pazos 4ºC di:

    Está claro que se está a produciren un cambio climático en toda a Terra como ben se pode observar.Pero,en lugar de tanto falar e dicir que hay que frealo canto antes,deberiamos actuar,cada un aportando un grao de area e así,todos xuntos lograremos frear o avance desta catástrofe posto que se non o facemos,o xeo dos polos derretirase,a auga contaminarase cada vez máis e así continuamente,hasta que acabemos con todo.Na miña opinión,a Terra está cambiando é unha gran culpabilidade a temos nos,os seres humáns,posto que cada vez emitimos máis CO2 á atmósfera e,como di o texto,á terceira atmosfera.Deberiamos pararnos a pensar o que estamos a facer e pensar un pouco no futuro.

  2. Fiz Morás López 4ºC di:

    La importancia de establecer un sistema de gestión ambiental.
    Éste ayuda a establecer un instrumento para la mejora y protección del medio. Los principales objetivos a proteger son principalmente el consumo y vertido de agua, emisión de gases, la protección del suelo y el uso eficiente de los recursos.

    La certificación en una norma ambiental obliga a las empresas a interiorizar las tareas y hábitos de protección dentro de su rutina diaria.

    Hoy en día adquirir una política de respeto con el medio es una forma de reducir los costes, mejorar la calidad del servicio y aumentar la satisfacción de los clientes, ofreciéndoles un valor añadido. En resumen un aumento de la competitividad global de las empresas.

  3. Daniela Valenzuela Villamor 4ºC di:

    Está comprobado que los ciclos solares afectan las temperaturas y el clima de la Tierra. Sin embargo, si esa fuera la causa del calentamiento global, este se apreciaría de forma homogénea en todas las capas de la atmósfera, y las altas temperaturas no sería más notorias en las capas bajas en contacto con la corteza terrestre.
    Hay distintos fenómenos naturales que pueden afectar el clima global como las erupciones volcánicas o las corrientes marinas, sin embargo el cambio climático no es uno de ellos.
    La mayoria de la culpa la tenemos nosotros por toda la contaminación que vertimos a la atmósfera y debemos colaborar para que esto no suceda más.

  4. Brais Martínez Iglesias di:

    É un feito incuestionable que cada vez estamos máis pendentes dos desastres naturais que se producen no mundo. Tal vez porque cada día temos máis información dos mesmos (xornais, revistas científicas, telexornais…) ou tal vez porque estamos máis concienciados das terribles consecuencias que xeran (inundacións, tornados, secas extremas…).
    De todos modos non debemos esquecer que as variacións climáticas son constantes ao longo da historia do noso planeta. Temos constancia de ciclos climáticos que alternaban períodos glaciares con interglaciares.
    Pero hai máis, diversas fontes afirman que todo o que se está dicindo sobre as posibles causas do cambio climático, son unha grande estafa. Así “Os informes do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático (IPCC)” da ONU afirman que é “falso” que o CO2 faga aumentar as temperaturas do planeta. Por iso un membro do IPCC, Vincent Gray , chega a denunciar nun informe que os datos científicos son manipulados para eliminar calquera evidencia de que o quecemento global se debe a procesos naturais.

    Aínda que o cambio climático poida ser debido, en parte, a causas naturais eu penso que a acción do home, nun mundo cada vez máis industrializado, ten consecuencias devastadoras sobre un clima cada vez máis extremo.

    Haberá que ver até que punto “o cambio climático” é capaz de alterar a forma de vida e a subsistencia das xeracións futuras. Pero para evitar posibles consecuencias devastadoras, poñamos da nosa parte para intentar que iso non ocorra.

    Brais Martínez Iglesias 4ºC nº15

  5. Emma Suárez Pereira 4ºB di:

    Eu creo que nós, os humanos, somos os principais culpables do cambio climático. Deberiamos xuntar as nosas forzas para tratar de combatilo. Isto ten que pararse agora! Estamos nun coche a piques de chocar contra unha parede! Ultimamente se fala moito do cambio climático, o quecemento global, o aumento das mareas… que se isto, que se o outro… Penso que en lugar de queixarnos tanto temos que adaptarnos ás consecuencias dos nosos actos e actuar, non quedarnos cos brazos cruzados, cada un de nos pode axudar de moitísimas maneiras: aforrando auga, electricidade, indo aos sitios camiñando en lugar de en coche ou en bus, reciclando, controlando o uso dos electrodomésticos… Cada un de nós pode aportar o seu gran de area!

    Emma Suárez Pereira 4ºB Nº24

  6. Raquel Andrés Ramos Nº 1 4ºA di:

    O cambio climático é un problema real, o noso error foi darnos conta do dano que causábamos ao planeta demasiado tarde. Penso que o calentamento global deberíase frear, pero non o facemos. Non creo que o importante sexa falar do tema e concienciar a xente, aquí quen ten a menor culpa son os cidadáns aos que as grandes empresas queren concienciar, cando estas son as que deben de tomar unhas certas medidas. A comunidade científica sobretodo, debe implicarse, sen eles, estas empresas non poderán saber qué medidas tomar. O máis importante é buscar unha forma de evitar os combustibles fósiles (que contaminan con gases de efecto invernadoiro). Creo que unha boa maneira de comezar sería buscar un sustituto para estes combustibles, outra opción podería ser mellorar o funcionamento en a batería dos vehículos eléctricos así como poñelos a un facil alcance, tamén se poderían cobrar máis baratos ca os automóviles que utilizan combustibles… e existen así e máis formas de reducir a contaminación.
    Entendo que moitos c_olectivos pensen que o cambio climático xurdíu coa natureza e que non hai maneira de remedialo pero está claro que aínda que xa é tarde a culpa é maioritariamente nosa. Producimos sen descanso de forma perxudicial os nosos produtos, necesítase unha forma de descubrir outra maneira de obtelos.

  7. Rubén Martís Díaz di:

    Hoxe en día, o cambio climático parécenos indiferente debido a que nós non imos pagar as grandes consecuencias ocasionadas, principalmente polos seres humanos. Se seguimos así, marabillas deste mundo desaparecerán polo aumento do nivel do mar como poden ser as Maldivas, que se estima que se seguemos a este ritmo desaparecerán nuns 50 anos, ou o Círculo Polar Ártico, que desde setembro do 2016, a capa de hielo no océano Ártico disminuíu o seu nivel ao máis baixo do todo o ano e o nivel do mar aumentou ata 19 centímetros.

    Esto ten que servirnos de reflexión a todos e pensar se nós queremos que os nosos fillos medren nun mundo no que importa máis o teu beneficio propio que o do mundo onde vivimos.

    Rubén Martís Díaz Nº11 4ºB

  8. José Gómez Fernández di:

    O aumento da temperatura media da Terra é un feito. Non precisamos máis que mirar as gráficas de temperatura media da terra nas últimas décadas ou séculos para darnos conta do gran aumento da mesma.
    A pregunta é: é isto provocado só polos seres humanos?
    Si e non.
    Si porque é obvio que a producción de gases de efecto invernadoiro como H2O, CH4, NOx, Clorofluorocarbonos (CFC) ou o máis coñecido, o CO2 está provocando un aumento das temperaturas da Terra ao provocar o rebote das radiacións que son reflexadas pola corteza terrestre, manténdolas na atmosfera terrestre.
    Pero tamén digo non porque qudou demostrado por varios estudos que a Terra, nos periodos interglaciais, aumenta a súa temperatura ao aumentar a cantidade de radiacións ultravioletas absorbidas pola mesma, polo que, parando a producción dos gases que xa nombrei, non cambiaríamos nada.
    Como conclusión quero dicir que tarde ou temprano un periodo de glaciación chegará e o efecto invernadoiro deixará de ser un problema mentres dure ese tempo, pero isto non significa que ata entón poidamos derretir os polos e acabar con millóns de seres vivos só porque “vai chegar unha glaciación de todos modos”.
    Os nosos predecesores teñen tanto dereito de vivir nunha Terra en boas condicións coma nosotros, pero hai cousas inevitables, e tanto a glaciación coma o arrefriamento do núcleo terrestre son dúas que non temos que olvidar.
    José Gómez Fernández Nº8 4ºB

  9. Paula Lago Gómez 4A di:

    O cambio climático é a maior ameaza medioambiental á que nos enfrentamos. As sinais deste cambio xa as podemos notar día a día: aumento de temperaturas, desxeo de glaciares, secas e fenómenos meteorolóxicos extremos.
    Todos podemos poñer algo da nosa parte para frenar o cambio climatico: utilizar menos o coche e utilizar mas o transporte público,evitar as embalaxes excesivas(sobre todo as bolsas de plástico),votar cada residuo no contenedor axuda e xestionar mellor o reciclaxe.
    -Controlar a auga que se gasta:a auga e un ben escaso e non hai que malgastala, os os períodos de seca son cada vez máis longos e vemos a diario os problemas que esto acarrea, tanto para axente como para os animais e para o campo.

  10. SERGIO ALABAU SUSO 4-C N-1 di:

    O AMBI CLIMÉTICO É UN PROBLEMA REAL XA QUE COMPARANDO AS CIFRAS DESDE HAI UNS CANTOS ANOS A TEMPERATURA MEDIA TERRESTRE HA AUMENTADO ALREDEDOR DE 4 GRAOS CELSIUS GRAZAS A OS COMBUSTIBLES FÓSILES QUE AUMENTAN OS GASES DE EFECTO INVERNADERO QUE FOMENTAN EL AUMENTO DE LA TEMPERATURA MEDIA DE LA TIERRA.
    SERGIO ALABAU SUSO 4-C N-1

  11. Mario Valderas García nº 26 4ºA di:

    O cambio climático é un cambio na distribución estatística dos patróns climáticos durante un período prolongado de tempo (décadas a millóns de anos).Coa aparición de cianobacterias , a fotosíntese oxigenada comezou na Terra e a composición da atmosfera comezou a cambiar: empezou a aparecer O 2 na atmosfera que expulsaban as plantas como refugallo e comezou a diminuir a cantidade de CO 2 do que precisaban as plantas para facer a fotosíntese. A acumulación de O 2 na atmosfera favoreceu a aparición de organismos aeróbicos que o utilizan para respirar e devolver CO 2. Isto nos leva a que agora estase aproducir o contrario é dicir, debido a actividade humana e aos fenómenos naturais da Terra estáse enviando CO 2 e provocando o aumento das temperaturas. Isto é alarmante xa que temos que controlar a contaminación atmosférica ou acabaremos por destruir a Terra. É evidente que isto non pode tratarse dunha conspiración xa que estamos a sufrir nas nosas carnes o quecemento global. O notamos cando en pleno Octubro alcanzamos temperaturas de 33 grados centígrados e a maioría dos que din que non pasa nada son políticos, empresarios (ou ambolosdous) que unha gran parte dos seus ingresos ven de actividades contaminantes.
    Mario Valderas García nº 26 4ºA

  12. Martin Blanco di:

    Está claro que nos últimos anos a temperatura da terra aumentou moi considerablemente xa que estamos en outubro case novembro, e estamos a 26 graos. Debido á contaminación estanse fundindo os casquetes polares e esto supón un grave problema para xeracións futuras.

  13. Eduardo Rama Ferradás di:

    O cambio climático é a maior ameaza medioambiental á que se enfronta a humanidade. Se non reducimos rápida e drásticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro os impactos do cambio climático serán realmente graves. Algunhas consecuencias xa son perceptibles: O aumento da temperatura, o aumento do nivel do mar, o desxeo, etc. A mellor solución é o emprego de enerxías renovables como a eólica ou hidráulica. Centrándonos en España, existen estudos que din que o noso país ten suficientes recursos renovables como para cubrir todas as necesidades enerxéticas e que ademáis é posible facelo en todos os sectores para 2050. Existen varias formas de axudar. Algúns exemplos son: utilizar menos elecricidade, reducir o uso dos automóbiles, reciclar, plantar unha arbore… Está nas nosas mans o futuro do noso planeta e temos que intentar coidalo o máximo polible.
    Eduardo Rama Ferradás Nº16 4ºB.

  14. Carmen Vázquez Trillo 4ºC Nº27 di:

    En mi opinión, el cambio climático cumple un papel importante en nuestro planeta, un papel fundamental, ya que en parte, depende de nosotros, fundamentalmente por la intervención que hace el ser humano.
    Los científicos trabajan activamente para entender el clima pasado y futuro mediante observaciones y modelos teóricos. Se ha recopilado un registro climático, que se extiende profundamente en el pasado de la Tierra y continúa construyéndose, basado en la evidencia geológica a partir de perfiles térmicos de perforaciones, núcleos removidos de profundas acumulaciones de hielo, registro de la flora y fauna, procesos glaciares y peri glaciares, isótopos estables y otros análisis de las capas de sedimento y registros de los niveles del mar del pasado. El registro instrumental provee de datos más recientes. Los modelos de circulación general, sustentados por las ciencias físicas, se usan a menudo en los enfoques teóricos para corresponder a los datos del clima pasado, realizar proyecciones futuras y asociar las causas y efectos del cambio climático.
    En las últimas décadas, muchos de los indicadores y estudios han señalado que el calentamiento global ha sido alarmante a nivel mundial.
    Hay muchos gases de efecto invernadero responsables de un calentamiento adicional de la atmósfera, los cuales son producidos de distintas formas por personas. La mayoría provienen de la combustión de combustibles fósiles de los coches, de las fábricas y de la producción de electricidad. El gas responsable de la mayoría del calentamiento es el dióxido de carbono, también llamado CO2. Otros contribuyentes son el metano expulsado de los vertederos y de la agricultura (especialmente de los sistemas digestivos de los animales que pastan), óxido nitroso de los fertilizantes, los gases usados para la refrigeración y procesos industriales, y de la pérdida de bosques que de otra forma almacenarían CO2.
    Con todo esto, digo que, deberíamos de tomarnos más en serio nuestra actitud respecto al medio, el reciclar más, la disminución de uso de combustibles, etc…

  15. Ricardo Fernández Ferrín di:

    É obvio que algo está ocorrendo co cambio climático e é inútil tratar de defender á xente que asegura que este non existe. É verdade que o cambio climático é tamén un proceso natural, pero ao largo dos anos (sobre todo dos últimos) o ser humano contribuiu e segue contribuíndo a aceleralo. O cambio climático en sí non é algo malo xa que grazas a este a temperatura da Terra mantéñese a unha temperatura media de 15 graos centígrados, pero se seguimos sen realizar grandes cambios na nosa conduta e na nosa mentalidade terminaremos aumentando cada vez máis as temperaturas da Terra, os polos se derretirán, aumentaran as épocas de chuvias torrenciais e as de sequías extremas,… O exemplo máis claro é o que ocorre actualmente en Galicia e as precipitacións. Está ocorrendo o que pensamos que nunca ocorrería e é que hai ríos case secos por culpa da sequía que estamos sufrindo como causa do cakmbios climático. Temos que deixar de lamentarnos e actuar o antes posible para non causar máis estragos ao planeta no que vivimos.
    Ricardo Fernández Ferrín – 4ºC – nº8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *