Teoría para a semana do LUNS 18 DE SETEMBRO DE 2017

Ola alumnos.

Estes van ser os cinco primeiros conceptos que van entrar no exame individual de TICs da 1ª avaliación. Van numerados e tamén lles puxen a páxina do libro de texto onde se atopan, por se queredes alí ampliar algunha información.

  1. Un ORDENADOR é unha máquina electrónica que recibe datos e os procesa para convertelos en información. Componse de dous elementos que interactúan de forma moi íntima: o HARDWARE e o SOFTWARE. (páxina 7)
  2. HARDWARE é a parte física, composta polos compoñentes eléctricos, mecánicos, electrónicos ou ópticos que integran o ordenador. Algúns exemplos son a torre, a pantalla, o teclado, o rato, os altofalantes, os circuítos, a memoria, o microprocesador, os discos, a cámara web, etc. En definitiva, todo o que se pode tocar. (páxina 7)
  3. SOFTWARE é a parte lóxica ou intelixencia do ordenador. Está composta por todos os programas ou aplicacións que utilizamos, de forma consciente ou non, e os datos que manexan. O máis importante de todos é o sistema operativo. (páxina 7)
  4. A FRECUENCIA DE RELOXO determina o ritmo de traballo do microprocesador. Mídese en hercios (Hz). Un hercio equivale a un ciclo de reloxo por segundo. Os microprocesadores actuais traballan a frecuencias de reloxo da orde de miles de millóns de hercios (gigahercios, GHz). (páxina 14)
  5. A MEMORIA PRINCIPAL OU RAM é onde o ordenador garda os datos que está a utilizar no momento presente. A diferenza entre a RAM e outros tipos de memoria de almacenamento, como as memorias USB ou os discos duros, é que a RAM é moito máis rápida, e que se borra ao apagar o computador, non como estes. (páxina 15)

Ata a semana que vén. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Teoría para o exame. Garda a ligazón permanente.