Teoría para a semana do LUNS 25 DE SETEMBRO DE 2017

Ola alumnos.

Estes van ser os cinco seguintes conceptos que van entrar no exame individual de TICs da 1ª avaliación. Van numerados e tamén lles puxen a páxina do libro de texto onde se atopan, por se queredes alí ampliar algunha información.

  1. A MEMORIA CACHÉ é un tipo de memoria moi rápida que se utiliza de ponte entre o microprocesador e a memoria principal ou RAM, de tal forma que os datos máis utilizados poidan atoparse antes, acelerando o rendemento do computador, especialmente en aplicacións ofimáticas. O seu tamaño foi sempre relativamente reducido, tanto por cuestións de deseño como polo seu alto prezo, consecuencia directa da súa gran velocidade. (páxina 15)
  2. MEMORIA VIRTUAL: Todos os sistemas operativos utilizan unha parte baleira do disco duro para simular que o computador ten máis RAM (de aí o apelido de “virtual”). Obviamente, esta memoria é moito máis lenta, polo que interesa ter moita RAM e que o computador non utilice moito esta. (páxina 16)
  3. RANURAS E TARXETAS PCI: son as máis estendidas actualmente. Poden chegar a 33 MHz, o que é suficiente para case todo, excepto quizá para algunhas tarxetas de vídeo 3D. Miden uns 8,5 cm e xeralmente son brancas. (páxina 18)
  4. RANURAS E TARXETAS AGP: a unha velocidade de 66 MHz, dedícanse exclusivamente a conectar tarxetas de vídeo 3D, polo que só adoita haber unha. Adoitan ser de cor marrón, miden uns 8 cm e atópanse bastante separadas do borde da placa. (páxina 18)
  5. Os PERIFÉRICOS DE ENTRADA son os dispositivos polos que introducimos datos no computador para que este os procese. Os principais son o teclado, o rato e o escáner. Outros dispositivos de entrada poderían ser as tabletas dixitalizadoras, os lectores de tarxetas, as cámaras dixitais ou o micrófono. (páxina 18)

Ata a semana que vén. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Teoría para o exame. Garda a ligazón permanente.