Guión de traballo, Criterios de puntuación e Modelos de documentos para a Fase 2 do Proxecto Asociativo

Ola.

Neste artigo poderedes descargar varios documentos que serán esenciais para a Fase 2 do voso Proxecto Asociativo. Son os seguintes:

  • Guión de Traballo e Criterios de Puntuación:

Baremo Fase 2 (pdf)

  • Modelo de Acta Fundacional:

Modelo de Acta Fundacional (pdf)

  • Modelo de Estatutos:

Modelo de Estatutos (pdf)

Na Acta Fundacional e Estatutos que me enviedes, todas as palabras que escribades vós, deben destacar entre as demais figurando en MAIÚSCULAS.

Unha vez que vos poña a nota inicial, dareivos algúns consellos para mellorar eses dous documentos, e todos os cambios que fagades deben destacar entre o resto do texto por figurar en MAIÚSCULAS e COR VERMELLA.

Excepcionalmente, para esta Fase 2, non haberá exposición en público, por resultar tremendamente tediosa.

Saúdos. O profesor de TICs.

 

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en TICs 1º Bach. Garda a ligazón permanente.