Teoría para a semana do LUNS 6 DE NOVEMBRO DE 2017

Ola alumnos.

Estes van ser os cinco seguintes conceptos (e últimos) que van entrar no exame individual de TICs da 1ª avaliación. Van numerados e tamén lles puxen a páxina do libro de texto onde se atopan, por se queredes alí ampliar algunha información.

  1. TOPOLOXÍA DE REDE é a forma en que se distribúen os cables da rede para conectarse co servidor e con cada unha das estacións de traballo. A topoloxía dunha rede é similar a un plano da rede debuxado nun papel, xa que se poden tender cables a cada estación de traballo e servidor da rede. (páxina 67)
  2. A TARXETA DE REDE proporciona a conectividade da terminal ou usuario da rede física. Pódense enviar e recibir paquetes de datos, empregando un protocolo para a súa comunicación e convertendo eses datos a un formato que poida ser transmitido polo medio. Cabe sinalar que a cada tarxete de rede élle asignado un identificador único polo seu fabricante, coñecido como dirección MAC (Media Access Control). (páxina 73)
  3. O CONCENTRADOR OU HUB centraliza e conecta nun único dispositivo as conexións de cableado de cada nodo dunha rede. O dispositivo repite simultaneamente o sinal a múltiples cables, nos que hai conectados, por exemplo, ordenadores. Son os dispositivos mais simples de interconexión e adóitanse utilizar en topoloxías de estrela. (páxina 77)
  4. O REPETIDOR é un dispositivo usado para amplificar, rexenerar e retransmitir un sinal. Permite a conexión de dous tramos de rede, tendo como función principal rexenerar eléctricamente o sinal, para permitir alcanzar distancias maiores mantendo o mesmo nivel do sinal ao longo da rede. (páxina 77)
  5. Os CONMUTADORES OU SWITCHES teñen a funcionalidade dos concentradores (hubs) aos que engaden a capacidade principal de dedicar todo o ancho de banda de forma exclusiva a calquera comunicación entre os seus portos. Isto conséguese debido a que o conmutador non actúa como repetidor multiporto, senón que unicamente envía paquetes de datos cara a aquela porta á que van dirixidos. (páxina 77)

Veña, a estudar! O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Teoría para o exame. Garda a ligazón permanente.