Debates científicos da 2ª avaliación: Enerxía nuclear

Ola alumnos.

Vou propoñervos o quinto dos debates científicos deste curso (xa é o segundo nesta avaliación). Trata sobre a Enerxía Nuclear. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

A enerxía nuclear é a que se libera espontánea ou artificialmente nas reaccións nucleares. Aprovéitase esa enerxía para obter enerxía eléctrica, térmica e mecánica e o seu uso con fins pacíficos ou bélicos.

Os dous sistemas máis investigados e traballados para a obtención de enerxía aproveitable a partir da enerxía nuclear de forma masiva son a fisión nuclear (división dun núcleo atómico en dous máis pequenos) e a fusión nuclear (unión de dous núcleos atómicos para formar outro máis grande).

A principal característica deste tipo de enerxía é a alta calidade da enerxía que pode producirse por unidade de masa de material utilizado en comparación con calquera outro tipo de enerxía coñecida, pero sorprende a pouca eficiencia do proceso, xa que se desaproveita arredor dun 90% da enerxía liberada.

Vantaxes

A enerxía nuclear xera un terzo da enerxía eléctrica que se produce na Unión Europea, evitando así, a emisión de 700 millóns de toneladas de dióxido de carbono (entre outras sustancias) por ano á atmosfera. Ademais, redúcese o consumo das reservas de combustibles fósiles (actualmente consúmense máis dos que se producen así que nun futuro non moi afastado esgotaríanse estes recursos), xerando con moi pouca cantidade de combustible moita maior enerxía, evitando así gastos en transportes, residuos,etc.

Co seu uso evitariamos o problema do chamado quecemento global, moi influínte no cambio climático. Melloraría a calidade do aire co que iso implicaría no descenso de enfermidades e na calidade de vida.

Pero convén destacar que o que realmente ten unha influencia importante no quecemento global son as emisións provocadas polo transporte por estrada e que as que producen a xeración de enerxía por combustibles fósiles son relativamente moi poucas.

Actualmente a xeración de enerxía eléctrica realízase mediante reaccións de fisión nuclear, pero se a enerxía de fusión fose practicable, ofrecería as seguintes vantaxes:

* Obteriamos unha fonte de combustible inesgotable.

* Evitariamos accidentes no reactor polas reaccións en cadea que se producen nas fisións.

* Os residuos xerados son moito menos radioactivos.

Inconvenientes

Un dos principais inconvenientes é a xeración de residuos nucleares e a dificultade para xestionalos xa que tardan moitos anos en perder a súa radioactividade e perigo.

Aínda que economicamente é rendible desde o punto de vista do combustible consumido respecto da enerxía obtida, non o é tanto se se analizan os custos da construción e posta en marcha dunha planta nuclear tendo en conta que, por exemplo en España, a vida útil das plantas nucleares é de 40 anos.

Esta enerxía pode usarse con fins non pacíficos. Agora o perigo creceu co terrorismo internacional. Ademais a proliferación de enerxía nuclear podería obrigar a usar plutonio como combustible.

Aínda que os sistemas de seguridade son moi avanzados, as reaccións nucleares por fisión xeran unhas reaccións en cadea que se os sistemas de control fallasen provocarían unha explosión radioactiva.

Por outra banda, a enerxía nuclear de fusión é inviable debido á dificultade para quentar o gas a temperaturas tan altas e para manter un número suficiente de núcleos durante un tempo suficiente para obter unha enerxía liberada superior á necesaria para quentar e reter o gas resulta altamente custoso.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Debates científicos. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Debates científicos da 2ª avaliación: Enerxía nuclear

  1. Pablo Mosquera Pazos Nº18 4ºC di:

    Por mi parte,estoy a favor de la energía nuclear puesto que garantiza suministro eléctrico,siendo la fuente que más horas funciona al año,es una energía limpia,es decir,no contiene CO2 y por lo tanto no emite ningún tipo de gas o partículas que puedan ser perjudiciales para nuestra salud y además,es la fuente de producción eléctrica más barata.Por otro lado,también contiene inconvenientes como que utiliza recursos no renovables,como el uranio o depende de los combustibles fósiles.Aún así,yo creo que las ventajas nos favorecen mucho por lo que conviene seguir utilizándola de forma moderada.

  2. Mario Valderas García nº 26 4ºA di:

    Aínda que sorpréndeme ás vantaxes que ten a enerxía nuclear, e que os beneficios serían moi grandes no caso de que aprendésemos a usar a fusión nuclear de forma rendible. Alarmanme as desvantaxes que ten como por exemplo o alto riesgo de contaminación por accidente ou sabotaxe, o coste de construción e mantemento das centrais nucleares e sobretodo as dificuldades para o almacenaxe e destrución dos residuos radioactivos.
    Para rematar eu penso que deberiamos apostar polas enerxías limpas mentres que non dispoñamos da tecnoloxía e coñecementos necesarios para meternos de cheo na enerxía nuclear.
    Mario Valderas García

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *