Debates científicos da 2ª avaliación: Evolución

Ola alumnos.

Vou propoñervos o cuarto dos debates científicos deste curso (é o primeiro nesta avaliación). Trata sobre a Teoría da Evolución. Puntuarase a participación con interese no debate do tema. Se fas un comentario, tes que rematalo poñendo o teu nome e apelidos, e dicindo a clase na que estás e o teu número de clase.

Evolucionismo

A evolución biolóxica é o conxunto de transformacións ou cambios a través do tempo que orixinou a diversidade de formas de vida que existen sobre a Terra a partir dun antepasado común. Foi formulada por varios filósofos gregos e postulada por numerosos científicos dos séculos XVIII e XIX. Pero foi Charles Darwin en 1859 quen sintetizou un corpo coherente de observacións que solidificaron o concepto da evolución biolóxica nunha verdadeira teoría científica.

Dous naturalistas, Charles Darwin e Alfred Russel Wallace propuxeron en 1858, en forma independente, que a selección natural é o mecanismo básico responsable da orixe de novas variantes e especies. Actualmente, a teoría da evolución combina as propostas de Darwin e Wallace coas leis de Mendel e outros avances posteriores na bioloxía molecular, a xenética do desenvolvemento ou a paleontoloxía; por iso denomínase síntese moderna ou teoría sintética. Esta evolución pode ser causada por unha cantidade de mecanismos diferentes: selección natural, deriva xenética, mutación, migración (fluxo xenético). A teoría sintética recibe na actualidade unha aceptación xeral da comunidade científica, aínda que tamén certas críticas.

A existencia da evolución como unha propiedade inherente aos seres vivos xa non é materia de debate entre os científicos. Os mecanismos que explican a transformación e diversificación das especies, en cambio, áchanse aínda baixo intensa investigación.

A existencia dun devanceiro común pode deducirse a partir de características simples dos organismos:

  • Canto máis afastadas ou illadas están dúas áreas xeográficas máis diferentes son as súas especies.

  • Os diversos organismos comparten unha gran cantidade de similitudes morfolóxicas.

  • En moitos organismos hai órganos vestixiales, que están reducidos e non teñen función aparente, pero que mostran claramente que derivan de órganos funcionais presentes noutras especies.

  • Nas primeiras etapas do desenvolvemento, moitos organismos mostran características comúns que suxiren a existencia dun patrón de desenvolvemento compartido entre elas.

  • Os organismos poden ser clasificados en organigramas xerárquicos similares a árbores familiares.

A formulación clásica da selección natural establece que as condicións dun medio ambiente favorecen ou dificultan, é dicir, seleccionan a reprodución dos organismos vivos segundo sexan as súas peculiaridades. Esta explicación parte de dúas premisas:

  • Entre os descendentes dun organismo hai unha variación cega (non aleatoria), non determinista, que é en parte herdable.

  • Esta variabilidade pode dar lugar a diferenzas de supervivencia e de éxito reprodutor, facendo que algunhas características de nova aparición poidan estenderse na poboación. A acumulación destes cambios ao longo das xeracións produciría a evolución.

Creacionismo

Denomínase creacionismo ao conxunto de crenzas, inspirada en doutrinas filosóficas ou relixiosas (principalmente das grandes relixións monoteístas), segundo a cal a Terra e cada ser vivo que existe actualmente provén dun acto de creación por un ou varios seres divinos, cuxo acto de creación foi levado a cabo de acordo cun propósito divino.

O creacionismo destácase principalmente polos «movementos anti-evolucionistas», tales como o deseño intelixente, que é o corrente pro-relixiosa que sostén que a orixe ou evolución do Universo, a vida e o home, son o resultado de accións racionais emprendidas de forma deliberada por un ou máis axentes intelixentes. É considerada unha pseudociencia con características dogmáticas pola comunidade científica, que a ve só como unha xustificación a posteriori da crenza nun creador determinado.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Debates científicos. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Debates científicos da 2ª avaliación: Evolución

  1. Mario Valderas García nº 26 4ºA di:

    Según o meu punto de vista a teoría da evolución das especies de Darwin é a que maior sentido ten, aínda que temos que ter en conta as peculiaridades que fixeron dudar ao propio Darwin sobre todas as súas teorías, como ocorre no caso do ornitorrinco un extraño animal do que no podemos dicir con seguridade como
    evolucionou. Iso lévanos a Australia, o continente no que pódese ver con maior claridade a evolución das especies debido á súa gran biodiversidade. Con respecto ao creacionismo eu pregúntome cando chegaremos ao momento no que nos demos conta de que as historias que imos arrastrando desde hai séculos, só son iso, historias.
    Mario Valderas García 4°A N°26

  2. Raquel Andrés Ramos Nº5 4ºA di:

    Dende o meu punto de vista vexo a evolución coma algo lóxico xa que está desmostrado que a evolución é una realidade. Todo comezou coa teoría de Darwin, una teoría moi acertada e a partir dela numerosos científicos uníronse para descubrir moitos máis aspectos sobre este concepto. Creo que é un tema moi interesante que tratar e que aínda que se sabe moito cada vez se coñece máis sobre esta teoría. Todos estes coñecementos son moi útiles posto que nos permiten entender as nosas orixes e por qué as especies que coñecemos son coma son.
    Falando das ideas case contrarias, estaría o creacionismo. Poderíase considerar útil ou acertado noutro tempo pero eu creo que hoxe en día con todo o que coñecemos grazas a ciencia supera as antigas doutrinas relixiosas ou tradicionais.

  3. Raquel Andrés Ramos Nº1 4ºA di:

    Dende o meu punto de vista vexo a evolución coma algo lóxico xa que está desmostrado que a evolución é una realidade. Todo comezou coa teoría de Darwin, una teoría moi acertada e a partir dela numerosos científicos uníronse para descubrir moitos máis aspectos sobre este concepto. Creo que é un tema moi interesante que tratar e que aínda que se sabe moito cada vez se coñece máis sobre esta teoría. Todos estes coñecementos son moi útiles posto que nos permiten entender as nosas orixes e por qué as especies que coñecemos son coma son.
    Falando das ideas case contrarias, estaría o creacionismo. Poderíase considerar útil ou acertado noutro tempo pero eu creo que hoxe en día con todo o que coñecemos grazas a ciencia supera as antigas doutrinas relixiosas ou tradicionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *