Proposta de artigos de divulgación científica da 2ª avaliación

Ola alumnos.

Parte da nota do blogue dependerá dos artigos de divulgación científica que me enviedes por correo electrónico.

Lembrade as condicións que deben cumprirse para que publiquemos no blogue eses artigos:

– O prazo de entrega remata o VENRES 9 DE MARZO DE 2018, ás 12 da noite.

– Este traballo é individual, non grupal, así que cada alumno/a debe mandar o seu, aínda que o fixera en colaboración con outros/as.

– Cada alumno/a só poderá enviar, en cada avaliación, un máximo de CINCO artigos, e só pode mandar UN artigo por día.

– Nesa mensaxe de correo teñen que vir dous arquivos adxuntos: un que traia unicamente o texto (preferentemente en formatos DOC ou ODT), e outro que traia unicamente unha foto (preferentemente en formato JPG).

– O arquivo de texto debe traer ao final, obrigatoriamente, o enderezo completo da páxina web de onde se sacou a información, e o nome e clase do/a alumno/a que envía o artigo.

– Tedes que enviarme os traballos ao enderezo da nosa materia, que é informatica_calasanz(arroba)yahoo.es

Saúdos. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Actualidade científica. Garda a ligazón permanente.