Biografías de científicos da 2ª avaliación

Ola alumnos.

Parte da nota do blogue dependerá dos traballos de investigación INDIVIDUAL que me enviedes por correo electrónico, coa biografía dos científicos que vedes na seguinte listaxe. A listaxe desta 2ª avaliación consta de MULLERES CIENTÍFICAS:

  • Ada Byron Lovelace
  • Arquímedes
  • Al-Khwarizmi
  • Bhaskara II
  • Dorothy Crowfoot
  • Bárbara McClintock
  • Florence Nightingale
  • Gertrude Elion
  • Hipatia
  • Irene Joliot Curie
  • Emmy Noether
  • Jane Goodall
  • Leonardo Torres Quevedo
  • Caroline Herschel
  • Lise Meitner
  • María Gaetana Agnesi
  • Jocelyn Bell
  • Marie Curie
  • Rita Levi-Montalcini
  • Madame de Chatelet
  • Margarita Salas
  • Rosalind Franklin
  • Santiago Ramón y Cajal
  • Teano
  • Severo Ochoa
  • Sonya Kovalevskaya
  • Sophie Germain
  • Mary Fairfax

Lembrade varias cousas sobre a entrega destes traballos:

– O prazo de entrega remata o VENRES 9 DE MARZO DE 2018, ás 12 da noite. Pero hai varios prazos intermedios, que serán os días 28 DE XANEIRO, 11 DE FEBREIRO E 25 DE FEBREIRO DE 2018.

– Este traballo é individual, non grupal, así que cada alumno/a debe mandar o seu, aínda que o fixera en colaboración con outros/as.

– Cada alumno/a só poderá enviar, nese tempo, UN correo electrónico que conteña UN arquivo adxunto.

– Nese arquivo teñen que vir os traballos na orde que consta nesta listaxe.

– A nota poñerase en función da calidade e cantidade dos traballos presentados nese arquivo e da data na que se envíen. Canto máis completos e mellor presentados estean, será posible conseguir máis nota. E canto antes cheguen, tamén.

– Tedes que enviarme os traballos ao enderezo da nosa materia, que é informatica_calasanz(arroba)yahoo.es

Saúdos. O profesor de TICs.

Acerca de Ciber Andainas

Blogue da materia de Informática de 4º ESO do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Un espazo para a informática, a ciencia e a tecnoloxía.
Esta entrada foi publicada en Biografías de científicos. Garda a ligazón permanente.